Abegondo: Ultimas novas

Medio Rural manterá os convenios cos GDR de Galicia sen recortes orzamentarios
Abegondo,  4 de agosto de 2010.- O presidente da Asociación de Grupos de Desenvolvemento Local de Galicia e alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, mostrou a súa satisfacción pola boa recepción por parte do Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez,  sobre as propostas expostas por este colectivo para buscar sinerxías entre a Xunta e os 31 GDR existentes en Galicia. Así, Santiso  destacou o bo clima que presidiu a reunión de de  traballo, mantida esta mañá en Santiago.

Santiso, expuxo ante o responsable de Medio Rural a situación actual do programa Leader e varias alternativas encamiñadas a abrir novas lineas de colaboración entre Agader e os GDR. O funcionamento destes grupos foi  outra das cuestións abordadas na reunión de traballo

O presidente da Asociación dos GDR de Galicia indicou , á saída do encontro, que o conselleiro garantíralle que os convenios asinados entre Medio Rural e os GDR non sufrirán ningún recorte orzamentario nos próximos anos e que poderán seguir traballando como até o momento. O presidente da Asociación dos GDR Galegos tamén quixo destacar que as relacións con Medio Rural serán de total colaboración e lealdade institucional coa Xunta de Galicia.

Pola súa banda os GDR comprométense a seguir cumprindo excrupulosamente os prazos dos distintos proxectos en marcha durante estes anos e os próximos. De todos os acordos alcanzados hoxe, darase conta na Asemblea da Asociación dos GDR de Galicia que se celebrará este xoves en Lalín. A asemblea terá lugar  no salón dos actos de Aula da Uned de Lalín a partir das 17:00 horas.

Unha única asociación en Galicia

José Antonio Santiso quixo destacar que a Asociación dos GDR engloba a todos os Grupos destas características existentes en Galicia, un caso único en España. Esta capacidade para chegar a acordos, por encima das distintas opcións políticas, é sen dúbida un dos nosos maiores activos, sinalou Santiso.

O presidente da Asociación dos GDR de Galicia acudiu ao encontro acompañado do xerente do GDR Mariñas-Betanzos e dos membros da xunta directiva da asociación, formada por dous representantes dos GDR de cada provincia. A reunión celebrouse na sede da Consellería de Medio Rural este mediodía a partir das 13:00 horas.

Achéganse fotos da reunión deste mediodía en Santiago.

Desde o sábado até o luns Abegondo celebra as festas de San Andrés
Abegondo, 25 de agosto 2010.- O sábado as dianas e alboradas marcarán o inicio das festas de Abegondo en honra a San Andrés, ás 13:30 horas oficiarase unha misa solemne,na igrexa parroquial, que contará coa participación do Coro da Terceira Idade de Abegondo, a continuación haberá unha sesión de fogos de artificio. A verbena estará a cargo da orquestra Nova Xeración.

O domingo a xornada festiva comezará con dianas e alboradas, ás 13:30 horas oficiarase unha misa solemne na igrexa parroquial que contará coa participación do Coro da Terceira Idade de Abegondo, a continuación haberá unha sesión de fogos de artificio. A sesión vermú e  a verbena estarán a cargo da orquestra Nova Imperial.

O luns coa celebración da misa solemne darán comezo os actos festivos do día. O luns é ademais o día da Gran Churrascada, que comezará a partir das 19:30 no campo da feira de San Marcos. A verbena de fin de festa estará a cargo das orquestras Manila e Panorama. O campo da festa contará cunha gran carpa.

O Concello de Abegondo está a espera de que a Xunta saque a concurso a praza de Secretario Municipal
Abegondo, 24 de agosto de 2010.- O  Concello  de Abegondo está á espera de que a Admininstración Autinómica saque concurso a praza de Secretario de Entrada para cubrir o posto deixado pola anterior funcionaria de Habilitación Nacional, xa que até o pasado mes de xuño non se produciu a vacante, ao estar en comisión de servizo o seu anterior propietaria.

Desde o Concello de Abegondo xa se realizaron, no momento de producirse a vacante da anterior secretaria, as xestións necesarias para cubrir o posto ante Dirección Xeral de Administración  Local e ante   o Colexio de Secretarios e Interventores da Administración Local de Galicia para atopar un funcionario desta cualificación para cubrir a praza vacante de Abegondo, sen que até o momento púidose contar cun funcionario destas características en situación de dispoñibilidade.

De non ocuparse definitivamente a vacante a través do preceptivo concurso, o Concello terá que contratar a un funcionario do corpo de Secretarios-Interventores de terceira, para concellos de terceira.

Adxudicación definitiva de adquisición de vehículos directamente destinados ao funcionamento dos servizos públicos
Resultando  que por decreto da alcaldía de data 26 de xullo de 2010 adxudicouse provisionalmente o contrato de subministro de adquisicion de vehículos directamente destinados ao funcionamento dos servizos públicos ( subministro incluido no plan provincial de axuda contra a crise, pac 2)  outorgando ao contratista o prazo de quince días hábiles para a presentación dos certificados de estar ao corrente nas súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social  así como depositar a garantía definitiva.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado e presentados polo contratista os documentos requiridos, procede elevar a definitiva a adxudicación provisional acordada.

Visto o anterior esta alcaldía resolve:

Primeiro.-   Abocar a competencia delegada na Xunta de Goberno Local (decreto de alcaldía de data 22 de abril de 2009), en virtude do artigo 21,3ª e 23,2ªb da lei 7/85, Lei de bases de réxime local, en aplicación do artigo 14,1º da Lei 30/92, RXAP- PAC, coa finalidade de ditar o presente decreto.

Segundo.- Elevar a definitiva, con todos o seus pronunciamentos, o acordado por decreto da alcaldía de data 26 de xullo de 2010, polo que se acordaba a adxudicación provisional do contrato de subministro de adquisicion de vehículos directamente destinados ao funcionamento dos servizos públicos( subministro incluido no plan provincial de axuda contra a crise, pac 2).

Terceiro.- Notificar este acordo a todos os licitadores establecendo, para o contratista, o prazo de dez días hábiles dende o día seguinte á recepción desta notificación para a formalización do contrato.

Cuarto.- Facultase ao alcalde para a firma e formalización do contrato o cal sera en documento administrativo, nos termos establecidos na LCSP.

Quinto.- Publicar este acordo no modo previsto no artigo 138 da LCSP.

Abegondo, 23 de agosto de 2010

O Alcalde en funcións asdo. Manuel Eladio Fernandez Vázquez.

O secretario accidental José Antonio Varela Doval asdo.

Adxudicación definitiva do servizo de transporte intramunicipal do Concello de Abegondo
José Antonio Varela Doval, secretario accidental do Concello de Abegondo (A Coruña)

NOTIFÍCOLLE que por acordo da Xunta de Goberno Local de data 11 de agosto de 2010, adoptouse o seguinte acordo:

SEGUNDO.- ADXUDICACION DEFINITIVA  DO SERVIZO DE TRANSPORTE INTRAMUNICIPAL, DO CONCELLO DE ABEGONDO

Resultando  que pola Xunta de Goberno Local de 15 de xullo de 2010 adxudicouse provisionalmente o servizo de transporte intramunicipal do Concello de Abegondo,   outorgando ao contratista o prazo de quince días hábiles para a presentación dos certificados de estar ao corrente nas súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social  así como depositar a garantía definitiva.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado e presentados polo contratista os documentos requiridos, procede elevar a definitiva a adxudicación provisional acordada.

De acordo coa proposta da alcaldía  os membros da Xunta de Goberno Local por unanimidade acordan:

Primeiro.- Elevar a definitiva, con todos o seus pronunciamentos, o acordo da Xunta de Goberno Local de data 15 de xullo de 2010, polo que se acordaba a adxudicación provisional do servizo de transporte intramunicipal do Concello de Abegondo.

Segundo.- Notificar este acordo a todos os licitadores establecendo, para o contratista, o prazo de dez días hábiles dende o día seguinte á recepción desta notificación para a formalización do contrato.

Terceiro.- Facultase ao alcalde para a firma e formalización do contrato o cal sera en documento administrativo, nos termos establecidos na LCSP.

Cuarto.- Publicar este acordo no modo previsto no artigo 138 da LCSP.

Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderá vostede interpoñer, directamente un recurso contencioso-administrativo, segunda Lei 29/98 de 13 de xullo de xurisdición contencioso administrativa, durante o prazo de dous meses, que contan a partir do día seguinte á notificación do presente escrito. Igualmente con carácter potestativo, poderá interpoñer, ante o mesmo órgano que ditou este acto, un recurso administrativo de reposición no prazo dun mes, que contan a partir do día seguinte a esta notificación, conforme ó disposto nos art 116 e 117 da lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen poder simultanear ambas.

Abegondo 19 de agosto de 2010

A secretario accidental asdo. José Antonio Varela Doval

Autocares Antonio Vázquez S.A.

Avda. Finisterre 337

15008 A Coruña

Autocares Antonio Vázquez S.A.

Avda. Finisterre 337

15008 A Coruña

O Conselleiro de Educación percorreu as instalacións do CEIP San Marcos
Abegondo (A Coruña), 20 de agosto de 2010.- O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe pola mañá as instalacións do CEIP San Marcos, situado no concello de Abegondo, en A Coruña. Nestas obras a Xunta investiu preto dun millón de euros para a ampliación e mellora das instalacións.

Así, o vindeiro curso os 113 estudantes de educación infantil e os 214 de primaria verán como a entrada ao centro escolar foi mellorada a través do peche da zona norte do patio de xogos. Deste xeito o aulario transfórmase en peche da parcela, conducindo a entrada xeral da escola. Con esta ampliación o centro adquire novas dimensións, con espazos importantes para o tempo de recreo dos escolares, con aulas provistas de zonas de aseo.

Vázquez Abad percorreu as instalacións acompañado polo secretario xeral da Consellería de Educación, Jesús Oitavén Barcala, así como do delegado da Xunta en A Coruña, Diego Calvo; e a xefa territorial de Educación na provincia, María Teresa Villaverde Pais; así como o alcalde do concello de Abegondo, José Antonio Santiso; e o director do CEIP San Marcos, José Miguel Blanco Fernández.

Equipamento informático

O CEIP San Marcos Abegondo ademais de beneficiarse das melloras que supón esta ampliación, tamén gozará das vantaxes do proxecto ABALAR, que dotará de equipamento e infraestruturas dixitais a todos os membros da comunidade escolar deste centro. O uso destes dispositivos informáticos influirá de xeito positivo na actividade docente e na ensinanza dos alumnos e alumnas, mellorando non só as súas competencias, senón tamén implicando ás familias, que participarán activamente na aprendizaxe dos estudantes.

O conselleiro recordou que a incorporación do CEIP San Marcos ao proxecto ABALAR garante que "os centros públicos da área metropolitana coruñesa contan co apoio desta Consellería para a implantación das TIC no seu proxecto didáctico".

Con estas actuacións, a Consellería de Educación reafirma o seu compromiso de dotar da máxima calidade ao ensinanza galego como así está a facer cos máis de 26 millóns de euros investidos na mellora dos centros escolares da provincia coruñesa no presente ano. Coa actividade desenvolvida hoxe, o conselleiro continúa coas visitas que comezou o pasado mes de xullo, que o están a levar a colexios e institutos das catro provincias galegas, e que lle permiten manter conversas cos representantes da xunta, equipos técnicos e equipos directivos académicos para coñecer as necesidades dos centros educativos de cara ao vindeiro curso.

Adxudicación provisional: servizo de axuda no fogar
José Antonio Varela Doval, secretario accidental  do concello de Abegondo ( A Coruña)

NOTIFÍCOLLE que por acordo da Xunta de Goberno Local de data 11 de agosto de 2010, adoptouse o seguinte acordo:

TERCEIRO.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Vista a proposta da mesa de contratación de data 4 de agosto de 2010, a Xunta de goberno local, por unanimidade acorda:

Primeiro.-  adxudicar provisionalmente o servizo de axuda no fogar  no Concello de Abegondo

Servizo 	de axuda no fogar no Concello de Abegondo

Prezo 			licitación 14.35 euros/hora ( IVE  incluído)

A UTE 			Apoio Asistencial S.L., e  A Túa Xente S.L.

Prezo de 			adxudicación, ofertado polo contratista:

Prezo 				sen IVE por hora: 13,02.-

IVE:		 				  	      0,52.-

Prezo 				con IVE:   	    13,54.-euros por hora

Segundo- Obxecto do contrato : " servizo de axuda no fogar no Concello de Abegondo" , todo  segundo  o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas que rexerán  a contratación , e segundo a oferta do contratista presentada

Terceiro.- A execución do contrato farase segundo se recolle  no prego de cláusulas administrativas particulares . E segundo a oferta do contratista na medida en que non contradiga o prego de cláusulas administrativas particulares nin o prego de prescricións técnicas

A execución, cumprimento, modificación e resolución do contrato rexirase polo establecido na Lei 30/07, 30 de outubro, de contratos do sector público

Quinto.-Lugar de execución :   "Servizo de axuda no fogar  no Concello de Abegondo"  : No Concello de Abegondo

Sexto .-Prazo de execución Segundo a oferta do contratista :  1 ano, admitíndose  unha prórrogas, prazo máximo do servizo 2 anos.

Sétimo.-Prazo de garantía : segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares  establece un prazo de garantía dun ano, dende a finalización do servizo  Oitavo.- Someter a publicidade esta adxudicación provisional, por prazo de quince  días hábiles (artigo 135  da Lei 30/07, LCSP,   no perfil do contratante, notificar aos licitadores  e requirir  ó  adxudicatario para que , no mesmo prazo que antecede presente a seguinte documentación: 	1.- Acreditación de encontrarse ao corrente das súas obrigas tributarias e coa seguridade social, 	mediante a presentación de certificacións expedidas polos órganos competentes 	2..- Deberá depositar a cantidade do 5% do prezo de adxudicación provisional (IVE excluído)  , en concepto de garantía definitiva, por calquera dos medios aos que se refire o artigo 84 da LCSP

Non se presentou previamente garantía provisional, por non esixirse no prego de cláusulas administrativas particulares

Noveno.- Este acordo de adxudicación provisional será elevada a definitivo de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/07, 30 de outubro, de contratos do sector público, unha vez que o adxudicatario provisional presente a documentación requirida na adxudicación provisional

Está facultado o Alcalde para a firma e formalización do contrato

Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderá vostede interpoñer, directamente un recurso contencioso-administrativo, segunda Lei 29/98 de 13 de xullo de xurisdición contencioso administrativa, durante o prazo de dous meses, que contan a partir do día seguinte á notificación do presente escrito. Igualmente con carácter potestativo, poderá interpoñer, ante o mesmo órgano que ditou este acto, un recurso administrativo de reposición no prazo dun mes, que contan a partir do día seguinte a esta notificación, conforme ó disposto nos art. 116 e 117 da lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen poder simultanear ambas.

Abegondo 16 de agosto de 2010 A secretario accidental

José Antonio Varela Doval

Santiso asina o próximo mes o convenio para a construción da Escola Infantil de Mabegondo
Abegondo, 10 de agosto de 2010.-  O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, anunciou esta mañá que o próximo mes asinará o convenio coa consellería de Traballo e Benestar Social para a construción da nova Escola de Infantil de San Tirso de Mabegondo, que acollerá a nenos de 0 a 3 anos. O novo centro educativo ocupará a vella escola unitaria da parrqoquia, rehabilitada para o seu novo uso.

Segundo indicou o alcalde as obras levarán a cabo en dúas fases, a primeira delas comprende a rehabilitación da escola unitaria, que ademais das novas aulas, contará cun ascensor para o acceso ao primeiro piso e un pórtico na súa fachada principal. O orzamento desta fase é de 233.000 euros e as obras terán que estar términadas próximo día 1 de decembro.

O convenio tamén incluirá a segunda fase da actuación, que vai consistir na mellora dos locais que agora ocupa a Escola Municipal  Infantil Pasiños, na mesma parcela que ocupa a escola agora  a rehabilitar, e a unión dos dous edificios educativos mediante un paso cuberto. Segundo as previsións de Santiso, as obras estarán terminadas e listas para acoller aos alumnos a principios do curso 2011-2012.

O Concello de Abegondo está a executar o saneamento de Souto do Val
Abegondo, 9 de agosto de 2010.-  O concello de Abegondo está intalando nestes momentos  un tramo duns 3.000 metros de rede de saneamento nos lugares Penedo, Borreiros, Souto do Val, Pastoriza, A Torre e O Regueiro. Esta actuación supón un investimento de 198.358,90 euros. Tamén se están realizando as obras de dotación de beirarrúas nos lugares de Outrix, na parroquia de San Tirso de Mabegondo e no lugar de Ou Castro, na parroquia de San Pedro en Crendes. Os dous tramos de beirarrúas se corrresponden co trazado da estrada que discorre entre o cruzamento de Mabegondo e o concello de Cambre. En total están a construírse  beirarrúas en 553,401 metros desta vía, cun orzamento total de 93.553,25  euros.

Santiso remitiu esta mañá o proxecto definitivo de Abegondomus ao conselleiro de Cultura
Abegondo, 5 de agosto de 2010.-  O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, remitiu esta mañá o proxecto definitivo de Abegondomus ao  Conselleiro de Cultura, Roberto Varela.  O titular de Cultura comprometeuse o pasado mes de marzo, durante unha reunión co alcalde, a estudar o proxecto Abegondomus e a que os servizos técnicos do seu departamento valoren  a posibilidade, de converter en realidade o orixinal edificio cultural que o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, quere construír no Campo da Feira de San Marcos.

No que se refira a Abegondomus, o alcalde indicou que se trata dun edificio que prentende albergar servizos culturais, e que grazas ao seu deseño, do que é autor o arquitecto Óscar Sánchez, vai quedar totalmente integrado na contorna. Así os seus 1.172 metros respectarán  as árbores centenarias da parcela. Situarase nun extremo do campo da feira para reorganizar o espazo existente e configurar unha secuencia urbana da que forma parte o colexio, o polideportivo municipal e o centro de saúde.

O edificio repartirá a súa superficie en tres niveles: 454 metros cadrados, que corresponderían á planta baixa, e 225 metros cadrados para a planta alta. Un auditorio inclinado, para unha mellor visión do escenario, un almacén e dúas aulas polivalentes constituirían o soto, de 493 metros cadrados Entre os materiais a empregar tería un especial protagonismo o aceiro corten,  metal co que se recubrirían as fachadas.

Así, Abegodondomus albergaría unha Biblioteca, na primeira planta, mentres que na primeira situaríanse a  Ludoteca, Xoveteca, e a Hemeroteca, espazo destinado á lectura da prensa e que serviria tamén como punto de acceso a Internet a través de WI-FI.

Esta planta  contará cunha  pequena sala multiusos, para desenvolver actividades culturais e dúas aulas polivalentes destinadas principalmente a talleres e cursos. A cafetaría tamén estaría situada neste nivel.

Santiso insistiu na necesidade que ten Abegondo de contar cun edificio destas características, adecuado para albergar exposicións, cursos, reunións e que dalgunha maneira servise como punto de referencia para a dinamización da vida cultural do municipio. O alcalde tamén sinalou, que o edificio quedaría perfectamente integrado na contorna e respectaríase a árboleda existente no lugar do seu emprazamento.

O Conselleiro tamén manifestou esta primavera o seu interese en coñecer persoalmente a parcela destinada polo Concello de Abegondo ao edificio cultural. Pola súa banda o alcalde de Abegondo reiterou esta mañá  a inviatación ao  Conselleiro para que visite  Abegondo.