Abegondo: Ultimas novas

Abegondo impulsa un programa de inserción laboral para persoas con discapacidade creando una brigada de 6 peóns
O Concello de Abegondo crea unha brigada de servizos dentro do seu plan de inserción sociolaboral para persoas con discapacidade. A brigada componse de 6 peóns que acaban de ser contratados polo Concello mediante concurso de méritos.

A nova brigada, que xa se encontra operativa desde o pasado 24 de maio, asume funcións de servizos, mantemento e axardinamento de zonas verdes do municipio. Os 6 peóns acometerán por tanto diversos traballos de limpeza ou arranxos en función das necesidades que se detecten.

A contratación dos peóns prolongarase durante os próximos dous meses. O traballo é a xornada completa. Esta contratación está financiada pola Deputación da Coruña.

O alcalde explica que a iniciativa persegue ofrecer unha capacitación e unha experiencia ás persoas con discapacidade, fomentando a súa integración laboral. Á vez, o Concello efectuará unha serie de necesarios labores de mantemento.

Listaxe de admitidas/os na Aula Lúdica Pack de verán
Faise pública a listaxe de admitidos/as na Aula Lúdica (pack de verán) para os meses de xullo e agosto 2013.

Listaxe de admitidos

Resultado do sorteo de prazas para os cursos de natación do verán 2013
Pódese consultar no taboleiro de anuncios da Sede electrónica do Concello de Abegondo o resultado do sorteo de prazas para os cursos de natación de verán 2013.

Ligazóns

Taboleiro de anuncios da Sede electrónica do concello

Abegondo celebra unha xornada de pesca fluvial no encoro de Beche
O parque fluvial de Beche cumpre o seu primeiro ano de vida como lugar referente na comarca para actividades como a pesca. Cada día da temporada son moitos os afeccionados que se xuntan coa súa caña á beira da presa.

O Concello, para reforzar estas características de Beche, celebrou o sábado 8 de xuño unha xornada de pesca fluvial, que conxugou a demostración no embalse como un taller de pesca artesanal. A xornada comezou pola mañá, de 10.00 a 14.00 horas. Os afeccionados, posuidores de licenza de pesca e caña, puideron participar na actividade de pesca sen morte. Ás 13.00 horas terá lugar unha demostración de lanzamento, á que acudiron algúns dos mellores pescadores desta modalidade.

Pola tarde, os actos trasladáronse á Aula da Natureza de Crendes. De 17.00 a 19.30 hora celebrouse un taller de pesca artesanal no que os participantes aprenderon as confeccionar moscas artificiais para o río. Ambas actividades foron gratuítas.

A Escola Infantil de Abegondo cobre o 100% da demanda das familias do municipio
A Escola Infantil de Abegondo está feita á medida do municipio. Así o demostran as cifras de solicitudes e admitidos para o curso 2013 - 2014, que o Concello acaba de publicar. A capacidade da dependencia infantil permite cubrir o 100% da demanda de familias abegondenses. A listaxe de agarda só queda con 5 peticionarios, todos procedentes doutros termos municipais.

En total, a Escola Infantil conta con 56 prazas, tras as obras de ampliación recentemente acometidas polo Concello, co financiamento da Xunta de Galicia. Desas 56, a día de hoxe están todas cubertas, salvo 3 das 8 prazas de bebés que se adxudicarán para os novos nacementos ata o inicio de curso. As restantes 48 prazas destínanse a pequenos de 1 a 3 anos e están todas cubertas con esas 5 mencionadas en listaxe de espera. Este será o segundo curso que o concello impartirá na súa totalidade o primeiro ciclo de educación infantil non obrigatoria ao ter incluído a unidade de bebés.

O alcalde amosa a súa satisfacción por ter acometido unha actuación que agora se constata como "idónea" e que necesitaban as familias de Abegondo. "Conseguimos un elevado investimento pero moi proveitosa para os veciños con fillos nesa idade", afirma o rexedor, que sostén que se trata dun exemplo dunha actuación "ben planificada".

O Concello, atendendo a crecente demanda dos últimos anos do servizo, mellorou as súas instalacións con equipamentos adaptados ás necesidades dos máis pequenos, de forma que foron incrementadas o número de unidades de atención e o número de prazas.

A escola ofrece un servizo educativo coa finalidade de posibilitar que os nenos e nenas destas idades sexan atendidos por profesionais cualificados nos primeiros momentos da súa vida, así como favorecer a socialización como maneira de adquirir coñecementos, destrezas, actitudes, contribuíndo a un desenvolvemento íntegro da súa personalidade, na que as escolas infantís desempeñan un papel primordial.

As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo é designada por unanimidade reserva mundial da biosfera pola Unesco
A primeira hora da tarde de hoxe chegou a esperada noticia na comarca da Coruña e de Betanzos. A Unesco declara ás Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo como reserva mundial de la biosfera.

A noticia produciuse en París, na sede da Unesco. O Consello Internacional de Coordinación do programa MAB (Man and the Biosphere) celebraba a súa 25 Sesión con varias candidaturas para formar parte da rede mundial de reservas da biosfera, entre as que se encontraba a promovida polo Grupo de Desenvolvemento Rural "Mariñas - Betanzos".

Cando chegou a quenda da votación, o Consello referendou a recomendación positiva que recibira o proxecto por parte do Comité Consultivo Internacional. As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo recibiu a unanimidade dun Consello, composto por representantes de diferentes países.

A sala aplaudiu con forza unha candidatura que se aparta totalmente do habitual: unha reserva que conxuga a excelencia da natureza co desenvolvemento da actividade humana. A Unesco destacou para o seu ditame favorable o gran consenso social que alcanzou o GDR na candidatura resaltando o papel activo dos 18 concellos, a estruturación dos órganos de xestión que se crearán, e a programación xeral e económica xa prevista ata o ano 2022.

Mariñas - Betanzos desprazou ata a Unesco a unha delegación para recibir a gran noticia, encabezada polo presidente e alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso. Estaba acompañado do vicepresidente e alcalde de Paderne, César Longo, o xerente, Jorge Blanco, e o subdirector xeral de Programación de Augas de Galicia, Roberto Arias.

Un emocionado Santiso foi o encargado de intervir ante o Consello tras coñecer a decisión favorable. Agradeceu a decisión que supón "o principio dun gran reto para o desenvolvemento sostible", nunha intervención que abriu e pechou en galego (só o inglés, francés e español son os idiomas oficiais na Unesco).

O presidente de Mariñas - Betanzos resalta que a candidatura foi "a máis aplaudida" na sala polo carácter atípico que ofrece. Nas súas palabras apuntou a que servirá tamén de valor engadido a declaración de Patrimonio da Humanidade da Torre de Hércules para incrementar o atractivo turístico da comarca.

"Día histórico"

Logo de finalizar a sesión, Santiso informou da noticia os alcaldes dos 18 concellos que conformarán a reserva da biosfera. Tamén llo transmitiu a outras persoas implicadas como Diego Calvo, presidente da Deputación da Coruña, que financiou a candidatura, Ricardo García Borregón, director xeral de Conservación da Natureza, á Universidade da Coruña, ou Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.

"Esta reserva vai marcar un camiño a seguir para a rede mundial de reservas da biosfera", afirma o presidente, xa que non existe unha desta tipoloxía. Santiso recorda que ao principio do proceso existía pouca fe no proxecto pero "o traballo e o apoio masivo conseguido de todas as institucións, con independencia da súa cor política" foron "clave" para este "día histórico".

"E agora a traballar", avanza. O presidente sostén que hai que seguir unha forma de traballo similar á que propiciou este resultado: "de abaixo a arriba, desde o primeiro cidadán ata a última institución". "O máis importante de ter esta reserva é a concienciación ambiental que se vai promover. Imos demostrar que se pode levar a cabo a actividade humana respectando á vez o medio", asegura.

Mariñas - Betanzos xa está incluída desde hoxe na rede mundial de reservas de biosfera. O título recibirao nun acto que desenvolverá o Ministerio de Medio Ambiente en setembro ou outubro. A cualificación de reserva permitirá o territorio optar a novas vías de financiamento específicos, así como potenciar o turismo e unha marca propia para produtos autóctonos.

Os municipios que conforman a reserva son Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cesuras, Coirós, Culleredo, Miño, Irixoa, Oleiros, Oza dos Ríos, Paderne, Sada, Curtis e Sobrado. Ocuparía 113.970 hectáreas, nas que residen case 190.000 persoas.

Contidos relacionados:

- Dossier Reserva da Biosfera

- Vídeo Reserva da Biosfera

Abegondo organiza un obradoiro de risoterapia para potenciar a autoestima nos maiores
O Concello de Abegondo organiza para os vindeiros meses un taller de risoterapia dirixido principalmente aos maiores do municipio. A actividade ten como obxectivos potenciar a autoestima dos participantes, desenvolvendo o obradoiro dentro dun ambiente lúdico e recreativo, para o desfrute dos participantes, fomentando as relacións interpersoais dos usuarios desta actividade.

Este taller terá lugar os martes, a partir do día 21 de maio e ata o 18 de xuño, en horario de 10.30 a 12.00 horas no Centro Cultural de O Salón (Mabegondo).

O Concello invita a todos os maiores a asistir á primeira sesión da actividade, prevista para o 21 de maio. Os interesados deben anotarse previamente no departamento de servizos sociais, a partir do día 13 de maio.

Fanse públicas as bases dos concursos da Festa Cabalar de Abegondo
Fanse públicas a resolución de aprobación e as bases que haberán de rexer os concursos da Festa Cabalar 2013 do Concello de Abegondo.

Contidos relacionados

Bases dos concursos (PDF-53,04 kb )

Resolución de aprobación (PDF-41,55 kb )

Bases administrativas que haberán de rexer para a contratación de 6 peóns para “brigada de servizos, mantemento e axardinamento de zonas verdes do Concello de Abegondo”, dentro dos programas de inserción socio-laboral para persoas con discapacidade
Fanse públicas a resolución de aprobación e as bases para a contratación de 6 peóns para “brigada de servizos, mantemento e axardinamento de zonas verdes do Concello de Abegondo”, dentro dos programas de inserción socio-laboral para persoas con discapacidade.

Contidos relacionados

Bases (PDF-113,25 kb )

Resolución de aprobación da convocatoria(PDF-95,38 kb )

Certame Letras Galegas 2013 - Concello de Abegondo
Co fin de promover as diferentes manifestacións culturais e fomentar o cultivo destas entre a poboación do municipio o Concello de Abegondo convoca este certame.

Fanse públicas as bases que rexerán o Certame Letras Galegas 2013 Concello de Abegondo.

Enlaces

Bases

Decreto de aprobación das bases do certame