A fonte de Vilanova foi reconstruída e acondicionada a petición da asociación de residentes. Santiso destaca a modernización dos espazos lograda.
Abegondo, 23 de abril de 2012. A mellora na calidade das augas é un dos principais obxectivos do programa LIFE+ Aqua Plann. Ademais de actuacións de ampliación do sistema de depuración e saneamento do municipio, o plan europeo inclúe accións para asegurar a calidade da auga en contornos como os mananciais que a día de hoxe se seguen utilizando como fonte de abastecemento por parte de moitos veciños.
Neste marco inclúese unha actuación de recuperación da calidade e seguridade da potabilidade dos mananciais públicos no municipio, que realizou o Concello.
O goberno local que preside José Antonio Santiso impulsou o acondicionamento de varias fontes públicas e un manancial. As fontes encóntranse nos lugares de Vilanova, Vilardel, Outeiro, Presedo e San Antonio de Beldoña, e o manancial de uso veciñal, que abastece a 18 vivendas da Fraga, en Vizoño.
Os traballos, emprendidos por Augas de Galicia (socio do programa LIFE+ Aqua Plann xunto con Emalcsa, Medio Rural e o Concello), completáronse e as fontes xa ofrecen unha aparencia "modernizada e estética", apunta o alcalde.
A fonte de Vilanova foi unha das primeiras en verse completamente cambiada e unha das que máis o requiría. De feito, foi reconstruída totalmente. A obra foi incluída polo alcalde por petición da Asociación de Veciños de Santa Eulalia.
Agora, Santiso gaba o resultado dos traballos. "As fontes e mananciais teñen un posto de cabeza nos bens patrimoniais dun Concello tan marcado pola auga", afirma, e por iso considera apropiado a realización da obra. "O programa LIFE estanos dando moitas cousas, como novas depuradoras ou redes de saneamento, pero tamén apostamos por melloras nas captacións máis pequenas pero que seguen tendo relevancia para moitos veciños", asegura.
O alcalde valora que o resultado da actuación sexan unhas "fontes renovadas, con enorme beleza e cunha auga mellor".
A actuación requiriu o investimento de 84.000 euros. O obxectivo perseguido consistiu en garantir a calidade de auga destas captacións que presentan un importante nivel de uso.
As actuacións acometidas foron as seguintes:
No caso do manancial, os traballos consistiron en:
De cara a asegurar a calidade da auga, realizaranse análise químicos e bacteriolóxicos de mostras de auga das captacións seleccionadas para o control e seguimento a medio prazo. Realizaranse 4 mostraxes e os seus correspondentes análise equiespaciados no período entre a finalización das obras e a finalización de 2012.
O proxecto Aqua Plann
Aqua Plann consiste nun plan de acción sobre as presións que actúan sobre a conca dos ríos Mero e Barcés que pretende garantir a calidade das augas do L.I.C. Encoro Abegondo-Cecebre.
A fin perseguida é profundar na aplicación da directiva marco da auga (dma). Para iso, preténdese concentrar un gran número de recursos técnicos e humanos nun pequeno ámbito de actuación. Deste modo, obtense información e metodoloxías extrapolables a outras demarcacións.
Os principais axentes involucrados na súa xestión son: Concello de Abegondo, Emalcsa, Aguas de Galicia e Consellería de Medio Rural. Este plan foi aprobado pola Comisión Europea, achegando un terzo do investimento total.
San Marcos, 1 - 15318 ABEGONDO