Ir ao contido

Concello de Abegondo

 
avanzada
inicio | mapa web | contacto |

Accesos Rápidos

Os pequenos do colexio de San Marcos avistan aves e descobren o Centro de Investigacións Agrarias

A acción inclúese no programa de difusión do LIFE

Imaxes

Abegondo, 2 de abril de 2012. O programa europeo Life Aqua Plann que desenvolven o Concello de Abegondo, Augas de Galicia, Emalcsa e a Consellería de Medio Rural non se limita á realización de actuacións que melloren a calidade das augas. Inclúe tamén accións de sensibilización e difusión, que en moitos casos diríxense aos máis pequenos.

Foi o caso dos 80 alumnos de 4º e 5º de Primaria do CEIP San Marcos de Abegondo. O Concello realizou unha acción formativa con eles, amosándolles o funcionamento e características de tres puntos fundamentais no medio ambiente do municipio: o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, a Aula de Natureza de Crendes e o observatorio de aves do Encoro de Abegondo - Cecebre.

Baixo a coordinación de Isabel Manteiga, os nenos coñeceron que encerra o centro de investigacións que a diario ven desde o exterior en Mabegondo, e gozaron observando as aves e a natureza del contorno natural do encoro.

Concello de Abegondo

Tfno. Centraliña: 981 647 909 | Enderezo: San Marcos, 1. 15318 Abegondo (A Coruña)