Permite comezalas coa presentación do escrito e a documentación requirida no Concello
Abegondo, 12 de marzo de 2012. O Concello de Abegondo adáptase á directiva sobre o exercicio de servizos na Unión Europea. No afán de proporcionar aos cidadáns o máximo de facilidades para iniciar actividades e actuacións de tipo urbanístico créase o modelo de comunicación previa, que permite comezalas desde o momento da súa presentación.
Este procedemento regúlase na ordenanza municipal reguladora da execución de obras, actividades ou servizos que entra en vigor tras a súa aprobación definitiva feita pública no Boletín Oficial da Provincia de hoxe. O texto apróbase tras non ter recibido ningún tipo de alegación durante o prazo de exposición ao público.
Están sometidas ao procedemento de comunicación previa aquelas obras ou actuacións non incluídas no réxime de licenzas ou declaración responsable que, sexan conformes co uso urbanístico, teñan reducido impacto urbanístico e escasa entidade técnica. Entre estas pódese mencionar:
Actuaciones en edificios:
Actuacións en locais o vivendas:
Actuacións en terreos:
Exercicio de actividades sometidas ao réxime de comunicación previa:
Están sometidas ao procedemento de declaración responsable a demolición de construcións que sexan consecuencia directa da declaración dun edificio en situación de ruína que leva implícita a súa demolición e a primeira utilización dos edificios.
Mentres, estarán suxeitos á licenza de actividade, téñase que realizar obras ou non, todos os actos de implantación, modificación ou cambio de actividades que se pretendan desenvolver nun determinado local ou a vía pública nos que, en aplicación da lexislación vixente, se dean «razóns imperiosas de interese xeral» para a protección do medio ambiente e do contorno urbano, así como para a conservación do patrimonio cultural.
Nos casos que a ordenanza someta a execución de obras ou actividades ao réxime de declaración responsable ou comunicación previa, os interesados deberán presentar no rexistro do Concello un escrito no que se describa as actuacións que se pretenden levar a cabo, acompañando a documentación esixible en cada caso. Só poderá dar comezo a execución das obras ou da actividade unha vez presentado o modelo e a dita documentación.
San Marcos, 1 - 15318 ABEGONDO