Ir ao contido

Concello de Abegondo

 
avanzada
inicio | mapa web | contacto |

Accesos Rápidos

O Concello de Abegondo ten a exposición oito proxectos a financiar polo FEIL

As obras da piscina encóntranse no período de exposición pública. O investimento que o Estado fai en Abegondo a través do FEIL é de 1.027.949,00 euros

Abegondo, 22 de maio de 2009.- O Concello de Abegondo ten adxudicados provisionalmente oito das nove obras financiadas a través do Fondo Estatal de Inversión Local - FEIL -. Estes proxectos son o de ampliación do salón de plenos e creación dunha oficina anexa con un investimento de 33.365,69 euros, as obras de reforma no local do Naranxo por un importe de 51.090,47 euros, a conservación e mantemento do centro parroquial de Mabegondo por 43.690,66 euros, a construción dun pavillón para albergar os postos da feira e produtos de horta no campo de San Marcos por 168.908,76 euros, a construción dun parque infantil, tamén en San Marcos, 44.567,03 euros.

Neste grupo de proxectos tamén están incluídos, a pavimentación de beirarrúas e mellora de servizo de saneamento nas parroquias de Abegondo, Cerneda e Crendes con un investimento de 82.747,00 euros, o acondicionamento dos locais sociais de Cullergondo, Montouto e Sarandós por 175.743,00 euros e a pavimentación de calzada e captación de pluviais en sete camiños das parroquias de Figueroa, Folgoso, Orto, Sarandós, Vilacoba e Vizoño por 143.787,00 euros

 

Piscina

No que toca ao proxecto de reforma da piscina municipal, que consiste na construción dunha piscina infantil, a reparación do vaso e cobertura da existente, está no período de exposición pública e o investimento previsto é de 284.048,46 euros. En total o investimento que o Estado fai en Abegondo a través do FEIL é de 1.027.949,00 euros.

 

Concello de Abegondo

Tfno. Centraliña: 981 647 909 | Enderezo: San Marcos, 1. 15318 Abegondo (A Coruña)