Ir ao contido

Concello de Abegondo

 
avanzada
inicio | mapa web | contacto |

Accesos Rápidos

Xunta directiva da Asociación de Desenvolvemento Rural "Mariñas-Betanzos"

O día 18 de maio de 2009, tivo lugar no Edificio Sociocultural de A Senra (Concello de Bergondo) a Xunta Directiva da Asociación "Mariñas - Betanzos".

Nesta Xunta Directiva se informou a todos os membros das novidades ó respecto do Programa LEADER 2007-2013.

Se presentou ó equipo técnico que xestionará o Programa durante este período.

O G.D.R. foi o 5º Grupo de Galicia en ter o equipo técnico seleccionado.

O traballo a realizar dende o equipo técnico durante os vindeiros meses centrarase na difusión do Programa LEADER a potenciais persoas emprendedoras, focalizando principalmente os esforzos no sector agrario e forestal (agricultores, gandeiros, cooperativas, comunidades de montes, maderistas, serradoiros...) coa finalidade de canalizar como proxectos LEADER as ideas que xurdan ou xa estén sobre a mesa.

Informar tamén que nesta reunión se aprobou a APERTURA DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROXECTOS LEADER, podendo ser presentados por todos os promotores/as a partir de hoxe día 18 de maio.

Contidos relacionados

Actualidade do Grupo Mariñas-Betanzos

 

Concello de Abegondo

Tfno. Centraliña: 981 647 909 | Enderezo: San Marcos, 1. 15318 Abegondo (A Coruña)