Ir ao contido

Concello de Abegondo

 
avanzada
inicio | mapa web | contacto |

Accesos Rápidos

O campo da feira de San Marcos acolle este domingo 85 xaurias na XIII Feira de Cans de Caza de Abegondo

Criadores de Galicia, Asturias e León van optar aos premios deste ano

Abegondo, 8 de maio de 2009.- Este domingo vaise celebrar a XIII Feira Cans de Caza do Concello de Abegondo coincidindo coa Feira Tradicional de San Marcos. Así, a partir das 10:00 horas van comezar a chegar ao campo da Feira de San Marcos as máis de 85 xaurías inscritas no certame deste ano. Tamén nesta edición van estar presentes xaurias chegadas de Asturias, e León e de toda Galicia.

Ao longo da mañá os cans van participar en distintas probas nas que se elixirá o Mellor Can de Caza Maior, Mellor Can de Caza Menor, Mellor Can de Pluma e Mellor Xauría de Caza Maior. En todas estas categorías tamén se outorgarán premios aos segundos e terceiros clasificados, así como ao Mellor Cachorro en cada unha das categorías establecidas.

A Asociación de Cazadores de Abegondo, que organiza xunto co Concello de Abegondo a Feira de Cans de Caza, ten inscritas xa 65 xaurías e tamén indica que, como requisito imprescindible para participar, todos os cans, agás os cachorros, deberán ir provistos da documentación regulamentaria, incluído o microchip. Durante a feira sortearase un premio especial e haberá agasallos para os donos de cans participantes.

As persoas interesadas en ter máis información sobre a Feira de Cans de Caza de Abegondo ou para reservar gaiolas pódense poñer en contacto co axente de Desenvolvemento Local do Concello ou falar directamente coa dirección da Asociación de Cazadores de Abegondo no teléfono 636 697 843.

Sorteo especial

A organización tamén vai realizar un sorteo especial de 1.000 euros coincidindo co cupón da ONCE do día 10 de maio de 2009. Todos os participantes recibirán tamén un agasallo por ter participado na XIII Feira de Cans de Caza de Abegondo, organizada pola Concellería de Promoción Económica do Concello de Abegondo e máis a Asociación de Cazadores de Abegondo.

 

Concello de Abegondo

Tfno. Centraliña: 981 647 909 | Enderezo: San Marcos, 1. 15318 Abegondo (A Coruña)