Ir ao contido

Concello de Abegondo

 
avanzada
inicio | mapa web | contacto |

Accesos Rápidos

Unha queixeira da parroquia de Vizoño leva o primeiro premio da X Feira do Queixo de Abegondo

A Concellería de Feiras repartiu 800 racións de filloas con lacón cocido entre as persoas que se achegaron ao Campo de San Marcos

Imaxes

Abegondo, 14 de febreiro de 2010.- Esta mañá as máis de mil persoas que acudiron á XI Feira do Queixo de Abegondo tiveron a oportunidade de participar na elección dos tres primeiros premios que corresponderon ás queixeiras que levaron os mellores queixos, que se puideron degustar ata o mediodía no Campo da Feira de San Marcos. O sistema para elixir as premiadas consistiu nunha votación en urna, na que as persoas que se achegaban a probar os queixos frescos de leite cru, podían emitir o seu voto a continuación.

Así, das dezasete queixeiras, catro de Abegondo e o resto dos concellos veciños de Carral, Oza dos Ríos, Betanzos, Mesía, Ordes, e Vilasantar, a que acadou o primeiro premio foi Josefa Sánchez Quindimil, de Vizoño no Concello de Abegondo, que xa acadara o primeiro premio na edición do ano pasado; o segundo premio recaeu en Antonia Suárez Vales, de Leiro en Abegondo; o terceiro premio foi para Pilar Candal de Ardemil de Ordes, é a primeira vez que un queixeeira de Ordes resulta premiada na Feira do Queixo de Abegondo.

As queixeiras premiadas recibiron un diploma acreditativo do recoñecemento que, desde o Concello de Abegondo, se faia á súa labor na elaboración dun producto artesán de excelencia. O queixo de Abegondo e un producto de grande calidade que é elaborado seguindo o método tradicional da comarca das Mariñas.

Queixo excelente

Os premios e os diplomas foron entregados ás 13:00 horas polo alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, acompañado do concelleiro de Feiras, Eduardo Zapata.  Santiso, aproveitou o momento da entrega de premios para louvar as características nutricionais e de sabor deste queixo, feito con leite de vaca cru e dun xeito totalmente artesán.

O alcalde tamén sinalou que o primeiro premio e máis o segundo recaeron en dúas das integrantes da Asociación de Queixeiras de Abegondo e Comarca, unha organización que, lembrou Santiso, ten o obxetivo de potenciar o queixo da comarca como un alimento de calidade con grande valor engadido e como un xacemento de emprego.

Os visitantes que se achegaron á feira puideron participar na degustación de cada un dos queixos participantes e tamén das degustacións gratuítas de filloas con lacón cocido.

 

Concello de Abegondo

Tfno. Centraliña: 981 647 909 | Enderezo: San Marcos, 1. 15318 Abegondo (A Coruña)