Ir ao contido

Concello de Abegondo

 
avanzada
inicio | mapa web | contacto |

Accesos Rápidos

O Concello de Abegondo vai solicitar a o Servizo Público de emprego candidatos para cubrir catro postos de traballo

As prazas corresponden aos programas de Cooperación da Consellería de Traballo

Abegondo, 1 de outubro de 2009.- O Concello de Abegondo vai solicitar estes días á Oficina do Servizo Público de Emprego candidatos para cubrir as prazas correspondentes aos Programas de Cooperación da Concellería de Traballo. Así, desde o Departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Abegondo vaise solicitar persoal que responda ao perfil de un técnico en superior en saúde ambiental, un técnico superior de recursos naturais e paisaxísticos, un arquitecto para labores de apoio ao servizo de urbanismo municipal, e un licenciado en Documentación para a dixitalización do Arquivo Municipal.

Todos os postos de traballo van ter unha duración de 6 meses con xornada completa. O custe total dos catro Programas de Cooperación que vai xestionar o Concello de Abegondo é de 35.525,94 euros aportados pola Consellería de Traballo.

 

Concello de Abegondo

Tfno. Centraliña: 981 647 909 | Enderezo: San Marcos, 1. 15318 Abegondo (A Coruña)