Ir ao contido

Concello de Abegondo

 
avanzada
inicio | mapa web | contacto |

Accesos Rápidos

Os postos de venta da feira do domingo van reorganizarse a causa das obras no campo de San Marcos

Os nenos van poder asistir a unha representación teatral a partir das 12:00 horas no campo da feira

Abegondo, 7 de agosto de 2009.- Este domingo vaise celebrar a Feira Tradicional de San Marcos en Abegondo, que vai ter unha reorganización nos postos de venta, debido as obras de construción de una loxa cuberta que se están a levar a cabo no campo de San Marcos.

Así, os postos de venta de produtos de horta e queixo que habitualmente están na marquesina lateral do pavillón polideportivo, van situarse diante do aparcamento do Colexio de San Marcos, cato os postos de bazar e téxtil van ocupar as rúas que dan acceso ao campo da feira. Segundo se apunta desde a Concellería de Industria, Comercio, Promoción Económica e Feiras a feira de setembro vai manter esta organización.

Dentro das actividades que se van desenvolver na feira deste domingo, os máis pequenos van poder asistir a representación teatral Viaxe ao país da fantasía, posta en escena polo grupo Alentía Teatro. A obra vai comezar a partir das 12:00 horas diante do polideportivo municipal de San Marcos. Esta actividade cultural está promovida polo Xacobeo 2010 e incluída dentro do programa Vai de Camiño 2009.

 

Concello de Abegondo

Tfno. Centraliña: 981 647 909 | Enderezo: San Marcos, 1. 15318 Abegondo (A Coruña)