Ir ao contido

Concello de Abegondo

 
avanzada
inicio | mapa web | contacto |

Accesos Rápidos

A xustiza dálle a razón ao Concello de Abegondo na adxudicación da reforma da piscina

Unha empresa interpuxo un contencioso para anular a contratación pero o xuíz rexeitouno

O Concello de Abegondo acaba de recibir a sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo número 2 na que valida a actuación municipal no caso da adxudicación da reforma da piscina. Con esta decisión declárase inadmisible o recurso interposto por unha empresa á contratación desta obra decidida polo Concello.

O proceso remóntase a 2009, coa adxudicación das actuacións incluídas no denominado Plan E. Tras o cambio de goberno producido no mes de abril daquel ano, o novo equipo de goberno presidido por José Antonio Santiso Miramontes procede a licitar as obras pendentes, como a denominada "Reforma integral do vaso de piscina existente, construción de piscina infantil e cubierta telescópica de piscina a reformar".

O resultado daquela adxudicación non foi aceptado pola empresa Aluminios Pipor S.L., que interpuxo un recurso pedindo a declaración de nulidade da adxudicación, tanto na súa fase provisional como definitiva, así como dos acordos de certificación da obra e acta de recepción.

O Concello solicitou a inadmisibilidade do recurso contencioso-administrativo, cuestión que así falla o Xulgado nesta sentenza. O equipo de goberno amosa a súa satisfacción polo resultado do contencioso.

 

Concello de Abegondo

Tfno. Centraliña: 981 647 909 | Enderezo: San Marcos, 1. 15318 Abegondo (A Coruña)