Ir ao contido

Concello de Abegondo

 
avanzada
inicio | mapa web | contacto |

Accesos Rápidos

Centos de persoas participan na exaltación do cabalo en Abegondo

Paseos de carruaxes, exhibicións de doma clásica e unha festa andaluza teñen lugar no campo da feira, en coincidencia coa feira do segundo domingo de mes

Abegondo, 13 de maio de 2012. O campo da feira de San Marcos de Abegondo vive hoxe unha gran exaltación do cabalo. Centos de afeccionados ao mundo equino e veciños da comarca, dado que se celebra en paralelo a feira tradicional do segundo domingo de mes, concéntranse en Abegondo durante toda a xornada para contemplar exemplares de todo tipo e gozar da gastronomía e a música.

A Festa Cabalar e a feira tradicional non son as únicas que se celebren este mesmo domingo. Como xa sucedeu o ano pasado, os abegondenses viven a súa festa andaluza con produtos típicos da comunidade, onde o cabalo ten un papel de tanta importancia,

O programa de actos comezou xa pola mañá. A partir das 12.00 horas tivo lugar un concurso de barrís no que houbo premios para os primeiros clasificados nas categorías de maiores e menores de 18 anos.

A actuación musical do grupo rociero "Agarimos del Sur" desenvolveuse a partir das 12.30 horas. Entre os diferentes postos que asistirán ao evento destaca o servizo de bar con produtos típicos e unha polbeira. Os nenos poden montar e dar paseos en poni gratuitamente.

Pola tarde, os bos afeccionados ao cabalo poderán gozar das exhibicións de salto e de doma libre e do paseo dos carruaxes que virán de toda a comarca e que permanecerán no recinto todo o día.

Os festexos congregaron unha gran afluencia de público ao longo do día a San Marcos, tanto pola feira tradicional, como pola festa do cabalo e a celebración andaluza. O Concello entende que foi unha xornada propicia para asistir a San Marcos en familia e gozar especialmente dos cabalos.

 

 

Concello de Abegondo

Tfno. Centraliña: 981 647 909 | Enderezo: San Marcos, 1. 15318 Abegondo (A Coruña)