Abegondo, 19 de maio de 2012. O Concello de Abegondo realizou a entrega de premios do VI Concurso de Fotografía do IES Viós, convocado no marco do proxecto Life+ AquaPlann.
Os gañadores foron:
1º premio: Lucía Corral "Río Mero"
2º premio: Álex Santiso "Terra en auga"
3º premio: Ainhoa Placer "En el río Mero"
O concurso resultou un éxito de participación, así valoráronse 213 fotografías dun total de 35 alumnos. A calidade desas, en opinión do xurado, foi moi elevada.
Todas as fotos serán colgadas proximamente na páxina web do proxecto.
O proxecto Life+ AquaPlann, no que participan o Concello, Augas de Galicia, a Consellería de Medio Rural e Emalcsa, ademais de contemplar actuacións de mellora do contorno do encoro de Abegondo - Cecebre, inclúe actividades de sensibilización entre a comunidade escolar, como foi este caso.
San Marcos, 1 - 15318 ABEGONDO