CERTAME LETRAS GALEGAS 212
PREMIOS NAS CATEGORÍAS INFANTIL E PRIMARIA
O Concello de Abegondo fixo entrega o día 16 de maio dos premios aos gañadores do Certame de Narrativa, Debuxo, Pintura e Poesía Concello de Abegondo das Letras Galegas 2012. O acto tivo lugar no CEIP San Marcos, encadrado no acto festivo que celebrou o centro educativo para conmemorar as Letras Galegas.
Os gañadores do certame recibiron lotes de libros en galego. Os agasallos foron entregados aos pequenos polo alcalde, José Antonio Santiso, a asesora do Concello, Cristina Rabón, e o concelleiro de Educación e Medio Ambiente, Gustavo Quindimil.
CATEGORÍA INFANTIL
DEBUXO E PINTURA
1º premio: Martín Pedreda González
2º premio: Emma García Miranda
CATEGORÍA PRIMARIA
NARRATIVA
1º premio: Candela Ruíz Namura polo conto Xocas, o escritor
2º premio: Tania Caridad Dans pola narración Unha noite de treboada
DEBUXO E PINTURA
1º premio: Martín Salorio Lourido
2º premio: Álvaro Rey López
CATEGORÍA POESÍA
1º premio: Ainoa Calviño Rabón polo poema A miña nai.
2º premio: Sabela Caamaño Reborido
San Marcos, 1 - 15318 ABEGONDO