Ir ao contido

Concello de Abegondo

 
avanzada
inicio | mapa web | contacto |

Accesos Rápidos

Abegondo realizará un exame dental individualizado dos 150 pequenos de 6 a 12 anos do colexio

O Concello dará continuidade ao programa para observar a efectividade das técnicas de prevención e tomar medidas. Os nenos aprenderán a usar os reveladores de placa. Santiso destacou o “investimento na saúde do futuro de Abegondo".

Imaxes

Abegondo, 4 de maio de 2012. O Concello de Abegondo iniciou hoxe un programa pioneiro na prevención de enfermidades bucodentais en idade escolar. Del beneficiaranse 150 alumnos do CEIP San Marcos, que cursan de 1º a 6º de Primaria, é dicir, de 6 a 12 anos de idade.

Ata o de agora, no nivel educativo, os centros de ensino emprenderon accións xerais como enxaugue con flúor, pero non se levaron a cabo programas de carácter individualizado que axudase de forma efectiva aos pais e nais a avaliar a saúde dental dos seus fillos e fillas. Con esta premisa deseñou a iniciativa que hoxe comeza o Concello.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, o director do CEIP San Marcos, Miguel Blanco, e o concelleiro de Educación, Gustavo Quindimil, foron os encargados de dar por iniciado el programa, que se prolongará o que queda de curso. No acto de presentación tamén estiveron presentes representantes da ANPA, que terán un papel importante na iniciativa.

O programa está encamiñado á redución das enfermidades máis prevalecentes nestes grupos de risco, como son a caries e a enfermidade periodental. Por un lado, un profesional en hixiene bucodental traballará en estreita colaboración co profesorado do colexio nun labor de concienciación e por outro, emprenderase unha intervención directa coa ensinanza de técnicas de cepillado empregando reveladores de placa.

Esta substancia permite saber se un cepillado resulta efectivo, ao tinguir as zonas dentais coa presenza de placa, e que por tanto se debería facer especial énfase na súa limpeza.

Cada uno dos pequenos participantes recibirá un exame bucodental. Os resultados serán enviados a cada unha das familias, que así coñecerán o estado da boca dos seus fillos. Pero este informe non descansará aí. En anos sucesivos, o Concello continuará facendo os exames bucais e así poderá ir observando a evolución do programa preventivo, identificar as doenzas principais e tomar as medidas oportunas.

"Moitos dos problemas dentais que sufrimos na idade adulta, proveñen dun mal hábito na infancia e estamos convencidos de que a prevención na época escolar pode actuar de forma eficaz para mellorar a nosa saúde", afirmou o alcalde. Tendo en conta que o CEIP San Marcos é o único colexio de Primaria de Abegondo, pódese entender que o Concello, establecendo esta continuidade no programa, contribuirá de forma efectiva á mellora bucodental do futuro do municipio.

"Coido que nos tempos que corren, que un Concello realice no marco escolar unha análise bucodental dos rapaces constitúe un servizo de grande interese para os veciños", asegurou Santiso. E é que a pesar dos momentos difíciles actuais, o primeiro edil aposta por seguir dedicando recursos no ámbito educativo. "O Concello ten a vantaxe da proximidade aos veciños que é un poderoso medio que debemos aproveitar para mellorar a calidade do noso sistema", sinalou, ao tempo que lle agradeceu ao director do CEIP o seu compromiso e colaboración para realizar accións conxuntas que redunden no beneficio dos alumnos.

Os pais tamén terán a súa cota de participación no proxecto. A experta en hixiene bucodental realizaralles charlas aos proxenitores para implicalos na tarefa de mellorar, coas técnicas más adecuadas, a hixiene bucodental dos seus descendentes.

O alcalde amosouse moi contento polo "investimento na saúde do futuro de Abegondo". "Este proxecto de hixiene bucodental é pioneiro non só a nivel galego, senón cremos que tamén a nivel nacional, xa que non atopamos no territorio experiencias similares", concluíu.

 

 

Concello de Abegondo

Tfno. Centraliña: 981 647 909 | Enderezo: San Marcos, 1. 15318 Abegondo (A Coruña)