Ir ao contido

Concello de Abegondo

 
avanzada
inicio | mapa web | contacto |

Accesos Rápidos

Abegondo forma para a busca de emprego

A primeira edición do seminario finalizou coa asistencia de 15 desempregados do municipio. O Concello celebrou unha segunda edición dirixida á mocidade.

Imaxes

Abegondo, 18 de abril de 2012.- O Concello de Abegondo proporciona aos veciños en situación de desemprego unha formación para a busca activa de traballo. Trátase dun seminario no que se abordan numerosos apartados relativos á busca de emprego como a busca a través da rede, a elaboración do curriculum ou como afrontar unha entrevista de traballo.

A primeira edición do seminario, totalmente gratuíto, se celebrou a pasada semana. Participaron un total de 15 desempregados do municipio nunha acción desenvolvida na Casa do Concello abegondense durante 10 horas.

No seminario incidiuse especialmente na importancia do aspecto persoal e emocional á hora de superar as dificultades actuais de acceso e incorporación ao mercado de traballo.

Os participantes recibiron ao finalizar as sesións un diploma acreditativo de mans do concelleiro de Promoción Económica, Eduardo Zapata.

Pero esta primeira edición non foi a última. Os días 11 e 12 de abril tivo lugar outro seminario similar dirixido neste caso fundamentalmente a mozos e mozas menores de 30 anos.

Concello de Abegondo

Tfno. Centraliña: 981 647 909 | Enderezo: San Marcos, 1. 15318 Abegondo (A Coruña)