Ir ao contido

Concello de Abegondo

 
avanzada
inicio | mapa web | contacto |

Accesos Rápidos

Cursos de galego

Data de inicio: 01-02-2010

Data de finalización: 25-02-2010

Lugar: Concello de Abegondo

Organizador: Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Abegondo, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia convocou os cursos preparatorios de lingua galega para a obtención dos certificados Celga. O Departamento de Normalización Lingüística municipal vai colaborar coa iniciativa tentando organizar os devanditos cursos.

O novo sistema de certificación da lingua estrutúrase en cinco niveis de coñecemento: Celga 1, 2, 3, 4 e 5. Non se expedirá ningún tipo de certificación por asistir ao curso, para obter a acreditación do nivel de coñecemento da lingua galega, as persoas interesadas terán que realizar as probas correspondentes, que se efectuarán en maio e en novembro.

O Concello de Abegondo solicitará, no caso de haber a demanda suficiente, que se realicen no municipio cursos preparatorios. O prazo para preinscribirse nos cursos en Abegondo remata o día 25 de febreiro. Ademais existe a posibilidade de formular unha solicitude individual para participar en cursos programados que se van realizar noutras localidades.

Todas aquelas persoas interesadas en preincribirse nos cursos que se solicitarán para impartirse en Abegondo e para tramitar a solicitude individual para os cursos programados pola Xunta de Galicia poden dirixirse ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Abegondo (teléfono 981 647 996).

Concello de Abegondo

San Marcos, 1 - 15318 ABEGONDO