Ir ao contido

Concello de Abegondo

 
avanzada
inicio | mapa web | contacto |

Accesos Rápidos

Servizo de Normalización Lingüística

O Concello de Abegondo conta cun Servizo de Normalización Lingüística. Este servizo traballa co obxectivo de difundir o idioma galego, espallar o seu uso e incorporar e normalizar a lingua en todos os ámbitos, tanto na propia administración local coma no resto dos sectores da poboación.

O Servizo de Normalización Lingüística, dentro do organigrama do Concello, está adscrito na actualidade á Concellería de Cultura e Deportes.

ACTIVIDADE DO SNL

  • Asesoramento lingüístico

    - Corrección de textos e documentos

    - Asesoramento lingüístico a persoal do concello, veciños/as, asociacións, empresas...

    - Regulación dos usos e perfís lingüísticos

  • Dinamización lingüística

    O SNL, en colaboración con outros departamentos do Concello, desenvolve numerosas actividades coa finalidade de promover o uso do galego e que contribúen a acadar un maior número de espazos para a lingua e a lograr un uso normal do galego.

    - Fomento da lectura en galego

    - Sesións de contos en galego

    - Escribe aos Reis Magos en galego

    - Certame Letras Galegas

  • Formación sociolingüística

    - Xestión dos cursos de galego. Información sobre os cursos e probas para obter o Certificado de Lingua Galega (CELGA)

    - Información sobre outros cursos de formación lingüística

  • Publicacións

    O SNL supervisa lingüisticamente as publicacións que edita o Concello de Abegondo e participa na redacción das publicacións municipais.

    - Xornal municipal Agora Abegondo

    - Folletos actividades

    - Carteis publicitarios

    - Páxina web abegondo.es

O Servizo de Normalización Lingüística está financiado pola Deputación Provincial da Coruña e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia - Deputación da Coruña
Concello de Abegondo

Tfno. Centraliña: 981 647 909 | Enderezo: San Marcos, 1. 15318 Abegondo (A Coruña)