Ir ao contido

Concello de Abegondo

 
avanzada
inicio | mapa web | contacto |

Accesos Rápidos

Que é a Rede CeMIT?

Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT)
  • A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, configurase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información en Galicia e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración. Deste xeito, CeMIT coordina as actuacións das distintas aulas públicas de acceso a Internet dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • A nova rede desenvólvese cunha imaxe de marca propia que serve como elemento xerador de crecemento e desenvolvemento económico no marco da Axenda Dixital de Galicia 2014.gal.
  • Nesta liña, as aulas CeMIT ofrecerán ao longo deste ano distintas actividades formativas nos 94 concellos nos que ten presenza a rede, é dicir, preto de 3.000 horas de formación para achegar as novas tecnoloxías a toda a sociedade galega.
A quen vai dirixido?

Os diferentes servizos teñen como público obxectivo diferentes grupos: a cidadanía en xeral, os profesionais das TIC, as empresas, micropemes e autónomos, e os empregados públicos.

Onde?

Tes unha aula CeMIT no teu concello. Descúbrea!

Como?

Formación presencial: impartirase directamente desde os centros da rede, para o que se fará uso de obradoiros e cursos.

Formación on-line: permitirá aos cidadáns realizar actividades formativas a través das aulas avanzadas da Rede CeMIT con dúas funcións complementarias: titorización e interacción.

Quédanche dúbidas?

Correo: formacion-cemit@xunta.es

Concello de Abegondo

Tfno. Centraliña: 981 647 909 | Enderezo: San Marcos, 1. 15318 Abegondo (A Coruña)