Ir ao contido

Concello de Abegondo

 
avanzada
inicio | mapa web | contacto |

Accesos Rápidos

Comeza unha nova edición do Curso de Alfabetización de Adultos no Concello de Abegondo

Permanece aberto o prazo de inscrición

Abegondo, 27 de xaneiro de 2010.- Acaba de dar comezo unha nova edición do Curso de Alfabetización de Adultos. Trátase dunha actividade formativa que persegue a alfabetización e formación dos adultos utilizando, entre outros métodos, o emprego de ferramentas informáticas.

Os participantes reciben á semana unha hora e media de clase presencial na Aula Multimedia do propio Concello. Ademais, os alumnos poden acudir todos os días ás titorías establecidas para resolver calquera dúbida que lles xurda. Esta nova edición do curso comeza con 50 alumnos e alumnas, todos eles distintos en canto a idade e a situación social, así hai xubilados, estranxeiros, persoas con certa minusvalía, desempregados, traballadores que se queren seguir formando.

As persoas interesadas poden anotarse ao Curso de Alfabetización de Adultos no Departamento de Cultura do Concello ou chamar ao 981 647 909 e preguntar por Alberto Naya ou Sandra Ulloa.

Este proxecto, desenvolvido polo Concello de Abegondo, contou en anteriores edicións cunha achega económica da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Xunta de Galicia e o cofinanciamento do Fondo Social Europeo.

Concello de Abegondo

Tfno. Centraliña: 981 647 909 | Enderezo: San Marcos, 1. 15318 Abegondo (A Coruña)