O Concello de Abegondo celebrou o día 10 de xuño a XVI Feira de Cans de Caza, evento que reuniu a centos de cans procedentes de toda Galicia e que fixeron as delicias dos centos de afeccionados ao mundo canino que se achegaron ao campo da feira de San Marcos.
Celebrouse un concurso morfolóxico en diferentes categorías como caza maior ou menor, xaurías ou cachorros. O Concello habilitou unha finca anexa para realizar unha exhibición de rastreo de pluma (caza de perdices, codornices...), novidade nesta edición.
No transcurso do evento, o grupo de gaitas da Escola Municipal de Música puxo a nota festiva e musical. Os visitantes tamén tiveron a oportunidade de degustar de forma gratuíta carne de caza nun posto habilitado na feira.
A feira coincidiu coa reunión das integrantes da Escola de Palilleiras do Concello de Abegondo. As palilleiras exhibiron o material que foron elaborando todo o ano e realizaron sorteo de varios lotes de produtos cos seus traballos.
O programa de actos rematou coa entrega dos trofeos do concurso canino. O alcalde presidiu a entrega de premios, na que estivo acompañado do alcalde de Frades, Miguel Prado, así como de concelleiros e asesores abegondenses.
PREMIOS:
1º caza maior: Luis Mantiñán, de Abegondo
2º caza maior: Ramiro, de Arteixo
3º caza maior: Roberto, de San Vicente
1º caza menor: Ismael, de Camariñas
2º caza menor: Mantiñán, de Oza
3º caza menor: Pedro Ferreiro, de Ordes
1º categoría pluma: Alfonso González, da Coruña
2º categoría pluma: José Manuel Cortízar, de Monfero
3º categoría pluma: Santiago Nere, de Rois
Mellor xauría: Josecho de Laracha por unha camada de cans de raza anglo francés
Mellor camada de cachorros: Pedro Bello de Carballo por unha camada de leonardos
Mellor can da feira: Pepe Leira de Vilarmaior por un can sabueso español
Premios especiais de agradecemento pola súa colaboración no desenvolvemento do evento a:
Jorge da Chousa
José Sanmartín
Carlos Sanjurjo
Asociación de Cazadores de Abegondo
San Marcos, 1 - 15318 ABEGONDO