Ir ao contido

Concello de Abegondo

 
avanzada
inicio | mapa web | contacto |

Accesos Rápidos

A Feira do Queixo de Abegondo reunirá o domingo a centos de persoas para degustar os queixos artesáns elaborados con leite cru de vaca

Os asistentes votarán os produtos para recoñecer o máis saboroso. Acudirán produtores de Abegondo, Carral, Cesuras, Curtis, Oza dos Ríos, Mesía ou Bergondo

Abegondo, 12 de febreiro de 2011. A Feira do Queixo de Abegondo alcanzará o próximo domingo, 13 de febreiro, a súa XIII edición. O campo da feira de San Marcos acollerá unha vintena de produtores do produto lácteo procedentes de municipios da comarca con tradición na súa elaboración, como o propio Abegondo, Ordes, Mesía, Carral, Bergondo, Oza dos Ríos, Cesuras ou Curtis.

Trátase dun evento organizado polo Concello de Abegondo, coa colaboración da Asociación de Queixeiras de Abegondo e Comarca, co obxectivo de promocionar e exaltar esta forma de facer o queixo na comarca. Trátase de produtos elaborados de forma artesanal a partir de leite cru de vaca.

Desde as 10.00 ás 14.00 horas do domingo, o Concello de Abegondo espera a afluencia de veciños do municipio e dos alrededores para degustar as excelencias deste queixo. Os asistentes poderán degustalo de forma gratuíta e despois poderán emitir o seu veredicto mediante unha votación nunha urna. Ao final da feira recoñeceranse publicamente aqueles con máis votos.

A feira tamén servirá como preludio do Entrodio. O público poderá probar de forma totalmente gratuíta un dos manxares por excelencia desta época do ano: as filloas.

A Feira do Queixo naceu en Abegondo no ano 2000, froito da existencia de numerosas explotacións vacúas no municipio, especialmente na zona alta situada ao sur do territorio, preto de Ordes e Mesía. O queixo abegondense tende cara ao que se fai en Arzúa.

Concello de Abegondo

Tfno. Centraliña: 981 647 909 | Enderezo: San Marcos, 1. 15318 Abegondo (A Coruña)