Este verán impartiranse na aula CeMIT de Abegondo os cursos de Deseñador Web e Multimedia e de Xestión e creación de viaxes combinadas e eventos
Deseñador web e multimedia
Ficha resumo:
A aula CeMIT do Concello de Abegondo acollerá, do 20 de xullo ao 4 de novembro en horario de tarde (de 16:00 a 21:00 h.), por segundo ano, o curso de formación profesional ocupacional - "Deseñador Web e Multimedia - IFCX0304". Esta acción formativa ten un total de 368 h. e conta para a súa impartición no Concello de Abegondo con profesorado altamente cualificado. Nesta segunda edición incorpórase a posibilidade de que os alumnos completen a súa formación con prácticas non laborais.
O curso está financiado polo Fondo Social Europeo (O FSE inviste no teu futuro) e pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, de xeito que resulta totalmente gratuíto para os alumnos e alumnas.
Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta formación deberán solicitalo nas Oficinas do Servizo Público de Emprego de Betanzos, que fará unha selección entre os solicitantes.
Seleccionaranse un total de 15 alumnos/as, que deberán cuando menos acreditar documentalmente que terminaron la ESO o equivalente. También se admiten las solicitudes de candidatos que realizaran un ciclo formativo de grado medio preferentemente en la rama informática.
As persoas interesadas pódense informar, desta e doutras accións formativas, nas dependencias municipais por medio do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, onde recibirán información exacta sobre os contidos do curso.
Creación e xestión de viaxes combinadas e eventos
Ficha resumo:
A aula CeMIT do Concello de Abegondo acollerá, do 20 de xullo ao 4 de novembro, en horario de mañá (de 08:30 a 16:00 h.), o curso de formación profesional ocupacional "Xestión de viaxes combinadas e eventos - HOTG0108". Esta acción formativa ten un total de 670 h. e un módulo de prácticas non laborais de 160 h.
O curso está financiado polo Fondo Social Europeo (O FSE inviste no teu futuro) e pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, de xeito que resulta totalmente gratuíto para os alumnos e alumnas.
Estes dous novos cursos continúan a aposta do Concello de Abegondo polo desenvolvemento de accións formativas que melloren a cualificación profesional das persoas desempregadas e a súa empregabilidade. Como resultados de este esforzo, sinalar que, durante o último ano, por medio de subvencións recibidas da Xunta de Galicia, o concello fixo máis de 60 contratacións de persoas no paro; cabe subliñar a importancia e impacto que nestas contratacións tivo o Obradoiro de Emprego "Promoción da autonomía persoal e atención á dependencia".
San Marcos, 1 - 15318 ABEGONDO