Ir ao contido

Concello de Abegondo

 
avanzada
inicio | mapa web | contacto |

Accesos Rápidos

Emalcsa, Augas de Galicia e o Concello de Abegondo acordan elevar o nivel da estrada do Portancho para evitar a súa inundación

Rocha di que é a primeira vez en trinta anos que as administracións con responsabilidades sobre o encoro de Abegondo-Cecebre chegan a un acordo para solucionar os problemas que lles afectan aos veciños de Abegondo

Imaxes

Abegondo, 15 de abril de 2008.- O Concello de Abegondo informa de que a reunión mantida esta mañá entre as administracións con responsabilidades nas inundacións causadas polo nivel das augas do encoro Abegondo- Cecebre na zona do Portancho, parroquia de Crendes, e que afectan á estrada que une Abegondo coa parroquia de Piadela en Betanzos, rematou co compromiso de solucionar definitivamente esta situación que se ven repetindo ano tras ano.

Na reunión convocada para está mañá polo alcalde de Abegondo, Juan José Rocha Carro estiveron, ademais da totalidade do goberno local, o director técnico de Emalcsa, José Manuel Orejón, a letrada asesora de Emalcsa, Carmen Ulloa, o subdirector xeral de Aguas de Galicia, Luis García, o xefe de Demarcación de Norte de Aguas de Galicia, técnico vixiante de obras do Concello de Abegondo, José Rivera, o concelleiro de Betanzos, Francisco Gestal e o técnico de vías e obras da Deputación, Vicente Berrocal.

Segundo manifestou Juan José Rocha ao remate da reunión adquiriuse o compromiso entre Emalcsa, Augas de Galicia e o propio de Concello de Abegondo a que de forma inmediata ao estudo e redacción e valoración dun proxecto para elevar o nivel da estrada do Portancho por encima do nivel máximo da enchente do encoro. Con esta actuación quedará salvado o problema das inundacións nesta vía.

Na xuntanza, celebrada no salón de plenos do Concello, Rocha tamén trasladou a necesidade imperiosa de solucionar dunha maneira definitiva os derrubamentos que sofre a estrada de Seixurra a San Román de Orto. Esta estrada discorre á beira do encoro con moito tránsito de vehículos e é usada tamén polos autobuses de transporte escolar. O Concello de Abegondo xa tivo que levar a cabo no ano 2006 a construción de cinco escolleras para evitar os riscos de derrubamento da estrada.

Rocha manifestou a súa satisfacción polos acordos adoptados na xuntanza e sinalou que despois de 30 anos por fin as administracións con responsabilidade directas no Encoro adoptan medidas conxuntas para solucionar os problemas causados por esta grande obra que abastece de auga a a cidade da Coruña e a súa área metropolitana.
Concello de Abegondo

Tfno. Centraliña: 981 647 909 | Enderezo: San Marcos, 1. 15318 Abegondo (A Coruña)