O vindeiro mércores 27 de febreiro ás 20.00 horas terá lugar na Aula Multimedia do Concello de Abegondo unha sesión informativa relativa á recente publicación no DOG de diferentes ordes da Consellería do Medio Rural, que establecen programas ou axudas para a limpeza de montes e para as repoboacións forestais.
Concretamente, as axudas son para:
- Fomento da primeira forestación de terras non agrícolas
Prazo de solicitude: ata o 8 de marzo.
- Axudas á silvicultura en bosques no medio rural
Prazo de solicitude: ata o 12 de marzo.
- Axudas para o fomento das frondosas caducifolias
Prazo de solicitude: ata o 19 de marzo.
O Concello pon á disposición dos veciños interesados o asesoramento dun técnico especialista, que informará sobre os requisitos necesarios para poder ser beneficiario das axudas ou subvencións e que se encargará da tramitación e xestión dos expedientes.
Os días de atención ao público serán nun principio os seguintes:
- Venres, 29 de febreiro de 2008, de 9.30 a 14.00 horas
- Mércores, 5 de marzo de 2008, de 9.30 a 14.00 horas
Información:
Concellería de Medio Ambiente e Medio Rural
do Concello de Abegondo: ......................................... 981 647 996