Ir ao contido

Concello de Abegondo

 
avanzada
inicio | mapa web | contacto |

Accesos Rápidos

O Concello de Abegondo asina un convenio de colaboración coa asociación de Jóvenes Empresarios Marineda

Rocha di que o Concello traballa na apertura de novos cauces de relación entre emprededores dos sectores económicos e culturais

Imaxes

Abegondo, 17 de febreiro de 2008.- O Concello de Abegondo informa de que este venres, día 15, o seu alcalde, Juan José Rocha, e mais o presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios Marineda de A Coruña veñen de asinar un convenio de colaboración entre ambas as dúas institucións. No acto de sinatura do acordo, que se celebrou ás 12:00 horas na Casa do Concello, estivo presente tamén a concelleira de Promoción Económica, Fátima Insua.

Segundo recolle o convenio é desenvolver un marco de colaboración no ámbito formativo mediante o cal se aproveiten e potencien os recursos de AJE A Coruña dirixidos á formación e asesoramento de novos empresarios e emprendedores para a creación e desenvolvemento de empresas e a súa consolidación, co fin de apoiar a actividade competitiva do tecido empresarial da circunscrición territorial do Concello de Abegondo dentro da economía de libre mercado.

O presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios sinalou na súa comparecencia ante os medios que a actividade de AJE está centrada na cidade da Coruña aínda que dentro do seu plan estratéxico dos próximos anos está ir penetrando na área metropolitana e en toda a provincia. Segundo indicou Ramos Lobón, nesta liña está o convenio que hoxe acabamos de asinar co Concello de Abegondo.

Pola súa banda, Rocha quixo facer fincapé en que o Concello a través da Concellería de Promoción Económica está a programar e impulsar todas as acción encamiñadas a fortalecer o tecido empresarial da localidade. Rocha destacou que nun mundo no que as relacións son globais ninguén pode sobrevivir sen establecer lazos con outras realidades económicas, sociais e culturais e neste sentido o Concello de Abegondo está a preparar iniciativas para para abrir liñas de comunicación entre emprendedores.

A xornada rematou cunha cea de traballo na que se van reunir ao redor de 50 empresarios de Abegondo menores de corenta anos, a directiva de AJE e o alcalde, Juan José, Rocha e mais a concelleira de Promoción Económica, Fátima Insua. A cea tivo lugar vair no Restaurante Mesón de San Tirso a partir das 21:00 horas.
Concello de Abegondo

Tfno. Centraliña: 981 647 909 | Enderezo: San Marcos, 1. 15318 Abegondo (A Coruña)