Sinatura do convenio de colaboración entre a Asociación de Jóvenes Empresarios - AJE Marineda e o Concello de Abegondo
Abegodo, 13 de febreiro de 2008.- O Concello de Abegondo informa de que este venres, día 15, o alcalde, Juan José Rocha, e mais o presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios Marineda de A Coruña, Daniel Ramos Lobón, van comparecer nunha conferencia de prensa para dar conta da sinatura do convenio de colaboración entre ambas as dúas institucións.
A conferencia de prensa vai ter lugar a partir das 12:00 horas na Aula Multimedia, no primeiro andar da Casa do Concello.