Ir ao contido

Concello de Abegondo

 
avanzada
inicio | mapa web | contacto |

Accesos Rápidos

Agroabegondo convertese na feira de referencia da agricultura da comarca das Mariñas

Imaxes

Abegondo, 9 de novembro de 2008.- O Concello de Abegondo informa de que a Concellería de Promoción Económica hai uns momentos acaba de rematar a II Feira do Agro- Agroabegondo Feira Agroabegondo. Segundo o departamento de promoción económica polo Campo pasaron ao logo do día o redor de 5.000 persoas. Entre os visitantes a Agroabegondo estiveron o acalde de Abegondo, Juan José Rocha, a concelleira de Promoción Econónica, Fátima Insua, o concelleiro de Benestar Social e Igualdade, o nalcionalista Víctor Meizoso, o concelleiro de obras, Carlos Santiago, a concelleira do Medio Rural e Medio Ambiente, a nacionalista Nuria Iglesias González-Villamil, e os director xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal de la Consellería de Medio Rural, Gonzalo Flores, a delegada de Medio Rural, Olga Agra e o asesor da consellería e veciño de Abegondo, Antonio Meijide, e o director do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, Juan Castro.

A Feira Agroabegondo reuníu a trinta e un profesionais e empresas relacionadas co mundo do campo e das innovacións dun sector que segue a ter grande peso na economía de Galicia en xeral e da comarca das Mariñas en particular. Os nenos tiveron a oportunidade de participar en obradoiros de medioambientais en un taller no que aprenderon a amasar e a cocelo pan. A Consellería do Medio Rural instalou unha carpa de 150 metros cadrados no Campo de San Marcos na que se deu información sobre a Dirección Xeral de Montes, Banco de Terras, SEAGA. E o do CIAM - Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

A concelleira salientou que, o programa da segunda edición de Agroabegondo ten un abano de actividades coas que se quere ofrecer ao visitante argumentos para aproveitar este fin de semana para achegarse a Abegondo e coñecer a riqueza e as oportunidades da nosa terra. Insua  destacou que, poñer en valor o potencial agrícola e forestal do municipio é unha das líneas de traballo que está a desenvolver o goberno de Abegondo, un municipio con 83,6 kilómetros cadrados e unha zona de transición entre as terras mariñás e as terras altas da Galicia interior.

Segundo os datos facilitados por Promoción Económica, repartironse entre as persoas que se achegaron a San Marcos, de forma gratuíta, 450 racións de paella ao mediodía e pola tarde 350 racións de castañas asadas. Fátima Insua amosuse mui satisfeita polo desenvolvemento da II edición de Agroabegondo e asegurou que é unha feira do agro que ven de converterse no referento do sector na comarca das mariñas.

 

Concello de Abegondo

Tfno. Centraliña: 981 647 909 | Enderezo: San Marcos, 1. 15318 Abegondo (A Coruña)