Plan Xeral de Ordenación Municipal - aprobación definitiva
14 de setembro de 2012 - Orde de aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Abegondo
VID-20120914-00016 from Concello de Abegondo.
Antecedentes e Normativa vixente
A tramitación do novo PXOM
O concello de Abegondo remitíu á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte o plan xeral de ordenación municipal redactado polo equipo técnico "Fernández Carballada e asociados S.L." solicitando informe previo á aprobación inicial, conforme ao artigo 85.1 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

No informe emitido pola consellería, despois de realizar unha breve exposición dos antecedentes, faise unha relación das consideracións aportadas pola Dirección Xeral de Urbanismo a ter en conta no documento do PXOM.
O PXOM 2010 de Abegondo foi aprobado inicialmente polo Pleno de data 12 de novembro de 2010, atopándose na actualidade en período de exposición ao público:
- Telecentro de Abegondo - 1º andar da Casa do Concello. De luns a sábado, de 09:30 a 13:30 h.
Presentación de alegacións
O prazo para a presentación de alegacións ao PXOM aprobado inicialmente remata o vindeiro 19 de xaneiro de 2011. Por acordo do Pleno adoptado na sesión de 17 de xaneiro de 2011, acordouse ampliar o prazo de exposición pública do Xeral de Ordenación Municipal de Abegondo (PXOM), ata o próximo día 10 de febreiro de 2011, durante o cal pode ser examinado nas dependencias municipais e formular as reclamacións e suxerencias que crean oportunas.
Falicítase o seguinte documento para a presentación de alegacións:
O prazo para a presentación de alegacións ao PXOM aprobado inicialmente rematou o 19 de xaneiro de 2011.
Aprobación definitiva
Orde do 14 de setembro de 2012 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Abegondo (a coruña)
>> Acceso a toda a documentación do Plan Xeral (PDF)
>> Informe de alegacións. Resposta ás alegacións presentadas ao Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Abegondo