Ir ao contido

Concello de Abegondo

 
avanzada
inicio | mapa web | contacto |

Accesos Rápidos

Aula Mentor de Abegondo

Aula Mentor é un sistema deformación aberto, libre e a través de Internet promovido polo Programa de Novas Tecnoloxías do Centro Nacional de Información e Comunicación Educativa (CNICE) do Ministerio de Educación Política Social e Deporte.

A formación emprega dúas infraestruturas: as aulas Mentor , con equipamiento informático conectado a Internet para o seguemento dos cursos e as mesas de traballo, entornos virtuais de estudo e comunicación, aloxadas no servidor Mentor para titores e alumnos.

Os cursos están destinados tanto á xuventude como ás persoas adultas interesadas en se actualizar desde o punto de vista laboral e persoal, con independencia da súa titulación e nivel de estudos. Son certificados polo MEC e pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, tras superar unha proba presencial que garante o nivel de coñecementos adquirido.

Aula Mentor caracterízase pola súa flexibilidade, da que se benefician todos os que participan: o alumnado planifica o seu propio itinerario formativo, determina o seu ritmo de traballo elixindo tanto o horario como o lugar onde estudar o curso; o titor ten liberdade horaria para facer o seguemento dos seus alumnos desde o seu propio domicilio; as institucións colaboradoras adaptan a oferta formativa e os horarios da aula ás necesidades de formación da súa localidade e aos intereses dos alumnos.

Un sistema de control, avaliación e análise da actividade dos alumnos, titores, aulas e mesmo do propio sistema, permite a continua actualización e perfeccionamiento de todos os elementos e actuacións do sistema de formación Mentor.

Na actualidade, Aula Mentor vive unha etapa de expansión. Novas institucións, Comunidades Autónomas e países de Latino América vanse sumando ao programa de formación coa apertura de novas aulas, caso do centro ubicado no Concello de Abegondo. Asemade, vaise ampliando a oferta formativa con máis cursos e introdúcense modificacións na plataforma de formación, na xestión de alumnos e na organización das aulas para dar cabida ás distintas necesidades de formación.

 

Formación Mentor

Os cursos Mentor están destinados ás persoas interesadas en se actualizar desde o punto de vista laboral e persoal. Para acceder á oferta formativa, precisa localizar o centro máis cercano, pode facelo clicando na seguinte ligazón: www.mentor.mec.es.

Nas propias aulas pode obter información actualizada sobre a oferta de cursos e o sistema deformación; alí, recibirá un primeiro asesoramento para organizar o posible itinerario formativo; formalízase a matricula, e establece un horario de asistencia para utilizar os recursos se o alumno o precisa; no propio centro tamén se reciben os materiais do curso cando son de valde.

Os materiais de formación preséntanse en formato impreso ou dixital. Neste último caso, sempre existe a posibilidade de imprimir os contidos para facilitar ao alumno o estudo. Os materiais compleméntanse cos integrados nas mesas de traballo, cursos en liña, aos que teñen acceso todos os alumnos matriculados. As mesas de traballo ofrecen ao estudante, materiais actualizados, exercicios prácticos, avaliacións en liña e acceso a distintas ferramentas telemáticas: correo electrónico do titor, foros e taboleiros de intercambio.

 

O persoal de apoio

As persoas matriculadas contan cun apoio presencial e outro a distancia:

  • Ao frente de cada aula existe un responsable da mesma, o administrador. A súa relación cos alumnos é básica para facilitar o proceso dunha formación totalmente a distancia xa que ao mesmo tempo que resolve os problemas tecnolóxicos que dificultan o traballo dos alumnos, mantén relación cos titores dos cursos, que o informan das incidencias.
  • A titoría é a distancia a través de Internet. O medio de comunicación empregado para se comunicar co titor é o correo electrónico. Por este procedemento pódense plantexar dúbidas, enviar as prácticas esixidas no curso e recibir a resposta nun prazo nunca superior ás 48 horas. A titoría está dispoñible para o alumno de luns a venres menos festivos. Tamén hai unha interrupción durante o mes de agosto.
Concello de Abegondo

Tfno. Centraliña: 981 647 909 | Enderezo: San Marcos, 1. 15318 Abegondo (A Coruña)