Ir ao contido

Concello de Abegondo

 
avanzada
inicio | mapa web | contacto |

Accesos Rápidos

Feiras e Festas

As feiras foron recuperadas dende hai uns anos polo Concelllo, celebrándose o segundo domingo de cada mes no campo da feira na capital municipal, lugar de celebración das de antes. Coincidindo con elas organízanse ao longo do ano eventos gastronómicos e de exaltación de produtos (troitas e queixo do país, etc.), así como feiras monográficas, como a do cabalo e a de perros de caza, entre outras.

As festas parroquiais alcanzan o seu apoxeo sobre todo na época estival. Ao longo da xeografía municipal non queda parroquia sen festa e sen que falten ocasións para degustar sardiñas, churrasco ou polbo segundo os casos. En xuño comezan en Folgoso, Cabanas e Beldoña (Mabegondo) en honra a San Antonio e en Crendes, Leiro e Vizoño co San Pedro; en xullo, Orto, Meangos e Montouto. En agosto, Viós, con famosa churrascada, ao igual que en Limiñón, as dúas en honra a San Salvador. De renome con tamén as de Sarandós e Bordel, o 15 de agosto e as de Abegondo no último fin de semana do mesmo mes. Nos primeiros días de setembro é en cos onde se pode gozar do ambiente festivo, para chegar até o 8 como o día grande das que se organizan en San Tirso de Mabegondo. Péchase o periplo con Cullergondo e Xuanzo, xa metidos no mes de outubro.

En canto ás romarías son de mencionar pola súa tradición e concurrencia de público as seguintes:

  • "Romaría Virxe dos Remedios" en Sarandós. Día máis importante: cuarto domingo de setembro.
  • "Romaría da Nosa Señora da Saleta", en Presedo. Data: 19 de setembro.
  • "Romaría das Cereixas", en Vilacoba. Celébrase o primeiro domingo de xullo. Degustación desta froita.
Concello de Abegondo

Tfno. Centraliña: 981 647 909 | Enderezo: San Marcos, 1. 15318 Abegondo (A Coruña)