Ir ao contido

Concello de Abegondo

 
avanzada
inicio | mapa web | contacto |

Accesos Rápidos

Xeografía

  • A capital municipal está situada no núcleo de San Marco, parroquia de Abegondo, comunicada pola estrada autonómica C-542, que conduce de Betanzo ao Mesón do Vento. Nela ubícanse a maior parte dos servizos e as instalacións minipais de carácter administrativo.
  • O municipio o integran 19 parroquias:
    Abegondo, Cabanas, Cerneda, Cos, Crendes, Cullergondo, Figueroa, Folgoso, Leiro, Limiñón, Mabegondo, Meangos, Montouto, Orto, Presedo, Sarandós, Vilacoba, Viós e Vizoño, integradas por un total de 164 entidades de poboación e repartidas ao longo dos 83,7 Km2 que abarca a superficie do termo municipal.
  • Conta cunha poboación de residentes que ronda os 5.800 habitantes.
  • O municipio pertence ao Partido Xudicial de Betanzos, estando integrado no "Consorcio das Mariñas" e na Área Metropolitana da Coruña.
  • O actual escudo municipal, de ouro, e sobre unhas olas de azul e prata, cunha rama de figueira con cinco follas de sinople (lembra a fazaña dos irmáns Figueroa que liberaron dos árabes ás doncelas presas na torre de Bordel). Ao timbre coroa real pechada.


LÍMITES

Ao Norte con Betanzos, Bergondo e Cambre; ao Sur con Mesía e Ordes, ao Leste con Cesuras e Oza dos Ríos e ao Oeste con Cambre e Carral.

Concello de Abegondo

Tfno. Centraliña: 981 647 909 | Enderezo: San Marcos, 1. 15318 Abegondo (A Coruña)